Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 132/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: LMT, CT, RBT Santa Comba, Baíñas.

Situación: concello de Vimianzo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea ao CT Santa Comba-Baíñas, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,011 km, con orixe no apoio nº 75 da LMTA Baíñas-Lucín (expediente 34586), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CT proxectado.

– Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Liña de baixa tensión aérea do CT Santa Comba-Baíñas, cunha lonxitude de 0,439 km, coa orixe no CT proxectado, condutor tipo RZ e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña