Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4491/2011, interposto contra a Resolución do 21 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Infraestruturas, pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción da actualización e terminación das obras de acceso ao porto de Burela (clave LU/06/048.03.1).

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número P.O. 4491/2011, interposto por Antonio Barrionuevo Freijo, contra a Resolución do 21 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Infraestruturas, pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción da actualización e terminación das obras de acceso ao porto de Burela (clave LU/06/048.03.1), esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas