De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado pola subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Secretaría Xeral para o Turismo, sita na praza de Mazarelos, nº 15, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012
Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG nº 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación
ANEXO
Expediente: TU983I 2012/7-2.
Interesado: Alejandro Vázquez Castro.
Acto de notificación: resolución de desistencia.
Expediente: TU983I 2012/3-4.
Interesada: Poder do Caminho, L.D.A.
Acto de notificación: trámite de audiencia.
Expediente: TU983I 2012/15-4.
Interesado: José Manuel Aboy Portas.
Acto de notificación: resolución de desistencia.
Expediente: TU970A 2012/52-1.
Interesada: Turnauga Turismo Activo, S.L.
Acto de notificación: trámite de audiencia.
Expediente: TU970A 2012/63-1.
Interesada: Restaurante a Viña de Xabi, S.L.
Acto de notificación: trámite de audiencia.