Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública varios expedientes de regularización de concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciáronse expedientes de regularización das seguintes concesións:

– V-7076; XG-450 Santiago de Compostela-Camariñas, con anexos de Santiaguesa Metropolitana, S.L.

– V-7027; XG-401 Santiago de Compostela-Carballo, con anexos de Autos Carballo, S.L.

Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4) efectuar as alegacións que estimen oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña