Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40498

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorgan destinos aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna), que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/2370/2011, do 31 de maio, no ámbito de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, esta dirección xeral resolveu adxudicarlles destinos nos órganos xudiciais que se relacionan no anexo, aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa (quenda de promoción interna), nomeados funcionarios de carreira do corpo de xestión procesual e administrativa pola Orde do 17 de outubro de 2012, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo ante o departamento territorial respectivo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos seguintes enderezos, segundo a provincia onde estea radicado o órgano xudicial en que obtivesen destino:

– Departamento Territorial da Coruña.

Servizo de Xustiza.

Praza de Luís Seoane, s/n.

Edificio Administrativo de Monelos.

15008 A Coruña.

– Servizo Territorial de Vigo.

Servizo de Xustiza.

Rúa Concepción Arenal, nº 8.

36201 Vigo (Pontevedra).

A toma de posesión efectuarase dentro do prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto.

Segundo. Para o caso dos funcionarios destinados en virtude desta resolución e que opten por continuar en activo no corpo de tramitación procesual e administrativa, non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, abondando con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro lle comuniquen, se fose o caso, á Dirección Xeral de Xustiza a dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola que se declaran en situación de excedencia voluntaria seralle remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais da Administración de Xustiza.

A comunicación de solicitude de excedencia voluntaria realizarase de xeito urxente ao número de fax 981 54 62 22, ou escaneado ao correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es

Terceiro. No caso de que os funcionarios optasen por ingresar no corpo de xestión procesual e administrativa e quixesen evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar, na Dirección Xeral de Xustiza correspondente ao seu destino como funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous no caso contrario, bardante daqueles que se teñan que desprazar desde Canarias, Illes Balears, Ceuta ou Melilla, en cuxo caso o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo.

No caso de que o funcionario proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibiran o traspaso de medios persoais, deberase remitir a devandita documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa e mais o cesamento automático coa mesma data en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión procesual e administrativa, co fin de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.

Cuarto. Os funcionarios que opten por permanecer no novo posto do corpo de xestión procesual e administrativa terán dereito, a partir da toma de posesión, ao permiso retribuído que establece a disposición adicional quinta do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, permiso do cal se deducirán os días previstos no punto terceiro desta resolución.

Quinto. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen prazas que lles fosen adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Sexto. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa, aos cales se lles outorga destino en virtude desta resolución, aínda que sexan destinados con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concursos de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Sétimo. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a Resolución do 10 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, non adxudicadas mediante a presente resolución, manteñen a súa condición de desertas e reservadas para os aspirantes a ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da quenda libre.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección xeral no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes no prazo de dous meses, contados ambos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO
Adxudicación de destinos
Corpo de Xestión Procesual e Administrativa. Promoción interna
Ámbito territorial de Galicia

Núm.orde

DNI

Apelidos

Nome

Destino adxudicado

Localidade

Provincia

1

44452679

Pampín Fernández

Cristina

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3

Tui

Pontevedra

2

34971047

Barandela Sandianes

Daniel

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM)

Ribeira

A Coruña

3

34963242

Hervella Álvarez

Xosé Delmiro

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Redondela

Pontevedra

4

33860656

González Méndez

María del Carmen

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4

Cambados

Pontevedra

5

35324725

Rodríguez Rodríguez

Manuel

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (VSM)

Marín

Pontevedra

6

36134456

Armada Martínez

Bibiana

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3

Tui

Pontevedra

7

32670123

López Martínez

Sabela

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (VSM)

Marín

Pontevedra

Dirección Xeral de Xustiza.

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Praza de Europa, 5, 4º andar.

Polígono das Fontiñas.

15781 Santiago de Compostela.