Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40502

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 300/2012, interposto por José Rionegro Fernández.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 300/2012, interposto por José Rionegro Fernández contra a inadmisión do recurso de alzada contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de marzo de 2012 e contra a resolución do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública