Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre construción dunha nave para albergar gando vacún a nome de José Luis Rodríguez Martínez.

Téndose solicitado por José Luís Rodríguez Martínez con DNI 76729206-X, licenza municipal para construción de nave para alpendre de gando vacún, na parcela número 62, polígono 4 do catastro de rústica, en montes de O Canizo, neste municipio. En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, a fin de que durante o mesmo –que empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente anuncio no DOG e no Boletín Oficial da provincia– poida ser examinado o expediente na Secretaría deste concello polas persoas que, dalgún xeito, se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

A Gudiña, 5 de outubro de 2012

Guillermo Lago Pérez
Alcalde