Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de información pública sobre convocatoria de consurso oposición restrinxido.

Por Resolución da Alcaldía, con data do 10 de outubro, aprobáronse as bases xerais e específicas, así como a convocatoria do concurso-oposición restrinxido para o acceso á Función Pública do persoal laboral do Concello de Noia, que rexen no proceso extraordinario de funcionarización das seguintes prazas:

Clasificación: 1. Área: Secretaría. Servizo: Secretaría. 2. Área: Urbanismo. Servizo: Urbanismo. 3. Área: Área económica. Servizo: Intervención. Coas seguintes características comúns:

Denominación do posto: auxiliar administrativo.

Complemento de destino: nivel 18. Complemento específico: 5.071,78 €.

Adscrición: administración local, grupo C2, escala de administración xeral, subescala auxiliar.

Titulación académica: graduado en ESO.

Funcións: as sinaladas no artigo 169.1.d) do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Forma de provisión: posto a funcionarizar. Concurso-oposición ao abeiro do disposto na disposición transitoria segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril (EBEP).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 201, con data do 22 de outubro de 2012, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión das prazas indicadas, mediante sistema de concurso-oposición restrinxido pola funcionarización do persoal laboral do Concello de Noia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de editos do concello.

Noia, 22 de outubro de 2012

Rafael García Guerreiro
Alcalde