Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal de obras para local destinado a consultorio odontolóxico.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente número 22360/12, tramitado por instancia de Minifer Dental Pontevedra, S.L., en solicitude de licenzas municipais de obras de acondicionamento e apertura de local con destino a consultorio odontolóxico no inmoble sito na rúa Joaquín Costa, 1, baixo, Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 20 de setembro de 2012

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo