Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico.

Tras asinar o alcalde un convenio urbanístico para a execución de obras de urbanización de solo apto para urbanizar de uso industrial As Pedreiras coa compañía Excavaciones Naxo, S.L., de acordo coa resolución desta alcaldía con data do 2 de outubro de 2012, sométese a información pública por un período mínimo de vinte días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nun dos xornais de maior difusión da provincia, todo iso tal e como se recolle no artigo 237 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

No caso de non se produciren reclamacións durante o período de exposición ao público, o órgano competente procederá á súa aprobación definitiva.

A Rúa, 2 de outubro de 2012

Avelino García Ferradal
Alcalde