Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial do estudo de detalle da unidade de actuación 16.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, realizada con data do 8 de outubro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle da UA 16 delimitada no plan xeral vixente, promovido por Aparcamientos Monelos, S.L. e redactado polo arquitecto José Mantiñán Soler (estudo de detalle refundido maio 2012).

Segundo. Someter o documento inicialmente aprobado a información pública por prazo de vinte (20) días hábiles o que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, e notificarlles aos propietarios dos terreos incluídos no ámbito».

Durante o prazo indicado contado desde a última publicación que se realice, poderá ser examinado o documento e formularse as alegacións que se estimen pertinentes.

Culleredo, 18 de outubro de 2012

P.D. (Resolución 22.6.2011, BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo