Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Calvos de Randín

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para ampliación de explotación de polos de curral.

María Cristina Vázquez Dapoza (44473780-Z) solicitou desta alcaldía licenza municipal para proceder á ampliación de explotación de polos de curral, que se situará nas parcelas números 126, 127, 128 e 129, do polígono 29, no lugar de Calvos, neste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincial e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Calvos de Randín, 3 de outubro de 2012

Aquilino Valencia Salgado
Alcalde