María Sandra Rodríguez Rivera (76712439-X), en nome e representación de Saymar, S.C. (CIF G-32327700), solicitou desta alcaldía licenza municipal para proceder á ampliación de explotación de galiñas reprodutoras, que se situará na parcela número 1 do polígono 502, no lugar de Padroso, neste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincial e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Calvos de Randín, 3 de outubro de 2012
Aquilino Valencia Salgado
Alcalde