Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40408

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (654/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 654/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Rosales Suárez contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Na Coruña o un de outubro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente despedimento obxectivo individual 654/2012 por instancia de María Teresa Rosales Suárez, asistida polo letrado Antonio Pousa Meréns, contra Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

«Resolución:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Teresa Rosales Suárez fronte á empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada son os seguintes:

En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, 11.559,96 euros (once mil cincocentos cincuenta e nove euros con noventa e seis céntimos de euro).

En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza calculados a razón de euros 47,28 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 6.950,65 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0654 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0654 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de outubro de 2012

O secretario xudicial