Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (117/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 117/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Estraviz Pérez contra a empresa Construcciones J. Carro, sobre sancións, ditouse a seguinte sentenza:

«Sentenza: 712/2012.

Número de autos: demanda 117/2010.

A Coruña o vinte e cinco de setembro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre sancións entre partes, dunha e como demandante, José Luis Estraviz Pérez, que comparece asistido polo letrado José Páramo Sureda, e doutra como demandada, Construcciones J. Carro, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza:

Resolución:

1. Estimar a demanda presentada por José Luis Estraviz Pérez fronte a Construcciones J. Carro, S.A., revogando a sanción obxecto dos presentes autos, todo iso con condena da empresa demandada a deixar sen efecto esta, aboando á demandante as cantidades salariais deixadas de percibir.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe ningún recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Construcciones J. Carro, S.A., expídese esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de outubro de 2012

O secretario xudicial