Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40387

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de outubro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección de consumo, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008.

En virtude da Orde do 21 de novembro de 2008 (DOG núm. 236, do 4 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección de consumo.

Pola Orde do 23 de setembro de 2010 (DOG núm. 188, do 29 de setembro) foron nomeados funcionarios da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais aos aspirantes da quenda de acceso libre e destino definitivo ao da de promoción interna.

O concurso convocado pola Orde do 27 de xuño de 2012 (DOG núm. 126, do 3 de xullo) para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo, e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala de subinspectoras e subinspectores de consumo da Administración da Xunta de Galicia, foi declarado deserto pola Orde do 27 de xullo de 2012 (DOG núm. 155, do 14 de agosto).

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril; no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 23 de setembro de 2010, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección de consumo, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos pequeno número 2 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela) o día 30 de outubro de 2012, ás 10.30 horas.

Segundo. Os funcionarios convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. Os funcionarios deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos funcionarios que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Os/As funcionarios/as que soliciten ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular, reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo —redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro)—, deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subrupo

Nivel

Centro de destino

Centro directivo

Concello

1

INO191000015001008

IN

Inspector/a de consumo

A2

20

Xefatura Territorial A Coruña

Instituto Galego de Consumo (servizos periféricos)

A Coruña

2

INO110000015770055

IN

Inspector/a de consumo

A2

20

Xerencia

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

Santiago de Compostela

3

INO191000027001009

IN

Inspector/a de consumo

A2

20

Xefatura Territorial Lugo

Instituto Galego de Consumo (servizos periféricos)

Lugo

4

INO191000036001004

IN

Inspector/a de consumo

A2

20

Xefatura Territorial Pontevedra

Instituto Galego de Consumo (servizos periféricos)

Pontevedra

5

INO192000036560010

IN

Inspector/a de consumo

A2

20

Unidade de Consumo (Vigo)

Instituto Galego de Consumo (servizos periféricos)

Vigo

6

INO192000036560011

IN

Inspector/a de consumo

A2

20

Unidade de Consumo (Vigo)

Instituto Galego de Consumo (servizos periféricos)

Vigo

7

INO110000015770056

IN

Inspector/a de consumo

A2

20

Xerencia

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

Santiago de Compostela

8

INO192000015350008

IN

Inspector/a de consumo

A2

20

Unidade de Consumo (Ferrol)

Instituto Galego de Consumo (servizos periféricos)

Ferrol