Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40386

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 25 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 6 de xuño de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas económicas para a realización de formación práctica en empresas, destinadas a alumnos/as de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica dos centros dependentes da Consellería do Mar, que se tramita como gasto financiable para levar a cabo unha actividade elixible dentro do marco do Programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 192, do 8 de outubro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 38536, ao final do título, é necesario engadir: «nun 80 %, eixe 3, tema prioritario 72».