Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40196

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2012 pola que se lle dá cumprimento ao Acordo da Comisión de Goberno do 21 de setembro de 2012 que resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante neste consello.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 152, do 9 de agosto de 2012, segundo o establecido no artigo 29.2º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, no uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 21 de setembro de 2012,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ao/á funcionario/a que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino do/a funcionario/a producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, estivese desfrutando o/a interesado/a.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución no prazo dun mes contado desde o día seguinte o da súa publicación no DOG, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3544629868 A2060.

Grupo: A1.

Apelidos e nome: Sánchez Campos, José Eduardo.

Posto de traballo: auditor.

Número do posto: 018.

Nivel: 28.

Localidade: Santiago de Compostela.