Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CT Cuqueira, no concello de Cotobade, de que resulta como beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L. (expediente IN407A 2012/112-4).

A instalación denominada LMTS, CT Cuqueira, no concello de Cotobade, foi declarada de utilidade pública mediante 1 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Economia e Industria, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L.

Segundo o disposto no artigo 52 de Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 12 de novembro de 2012, a partir das 11.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Cotobade.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e informáselles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 18 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

LMTS, CT Cuqueira (Cotobade)

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

CP
Concello

M2 SE

1

Pradaría

Olga Sofia Antelo Pan

Rúa Vázquez de Parga, 190

15100 Carballo

376

2

Solo sen edificar

Hrdos. de Mª Victoria y José Carlos Cuíñas Lourido

Rúa Almansa, 2

36950 Moaña

39