Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica LMTS derivación Areíña, no concello de Gondomar, a cal conta con autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución con data do 21 de abril de 2008 (expediente IN407A 2008/43-4).

Visto o expediente para outorgamento de declaración de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS derivación Areíña.

Situación: concello de Gondomar.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 955 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Elduayen 22 e final no centro de transformación Fontenla-Vilaza. A Instalación está situada en Gondomar.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 14 de xuño de 2012, no BOP do 14 de xuño, no xornal Faro de Vigo do 16 de xuño e no taboleiro de anuncios do Concello de Gondomar. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados por ela.

Esta declaración outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 2 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra