Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza dos CPI dependentes desta consellería (4 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 67, do 9 de abril de 2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas dos CPI especificados en cada lote.

Lote 1: CPI de Atios, CPI do Feal, CPI de San Sadurniño, CPI Alcalde Xosé Pichel, CPI Cabo da Area, CPI de Zas.

Lote 2: CPI Armando Cotarelo Valledor, CPI de Ponte Carreira, CPI Pecalama, CPI de Fonte Díaz, CPI Viaño Pequeño, CPI de San Vicente.

Lote 3: CPI Alfonso VII, CPI Aurelio Marcelino Rey García, CPI de Mondariz, CPI Santa Lucía, CPI da Ribeira.

Lote 4: CPI de Rodeiro, CPI Dr. López Suárez (Friol), CPI Ramón Piñeiro, CPI Doutor Daniel Monje, CPI Dr. López Suárez (O Saviñao).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 1.914.335,17 euros, IVE excluído.

Lote 1: 583.012,71 euros, IVE excluído.

Lote 2: 554.179,01 euros, IVE excluído.

Lote 3: 475.949,57 euros, IVE excluído.

Lote 4: 301.193,88 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

–Lote 1.

a) Data de adxudicación: 10 de setembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2012.

c) Contratista: Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza (Samyl, S.L.).

d) Importe de adxudicación: 502.000,00 euros, IVE excluído.

–Lote 2.

a) Data de adxudicación: 10 de setembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2012.

c) Contratista: Limpiezas Compostela, S.L.

d) Importe de adxudicación: 441.600,00 euros, IVE excluído.

–Lote 3.

a) Data de adxudicación: 10 de setembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2012.

c) Contratista: Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza (Samyl, S.L.).

d) Importe de adxudicación: 409.050,00 euros, IVE excluído.

–Lote 4.

a) Data de adxudicación: 10 de setembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2012.

c) Contratista: Limpiezas San Froilán, S.L.

d) Importe de adxudicación: 259.855,75 euros, IVE excluído.

Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria