Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 11 de outubro de 2012, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se dá a coñecer a celebración da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 12 de decembro de 2012, ás 11.00 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo (sita na rúa Areal nº 62, local 3, de Vigo) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Debedor: Armesto y Lavandeira, S.L. CIF: B36977635.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Predio: 39998. Municipio: Sanxenxo Proc. agrupación, referencia catastral: 4535301NG1943N0001EO. Natureza do predio: urbano. Localización: vía pública rúa Francisco Trelles, Portonovo 36970. Superficie: 453 m2. Estremas: norte: rúa San Roque; sur: edificio promovido por Carlos Barbeito e en parte Delmiro Durán: leste: Delmiro Durán; oeste: rúa de Francisco Trilles. Descrición do predio: solar no lugar de Atalaia, rúa Francisco Trelles e rúa San Roque, en Portonovo, Sanxenxo, sobre o que existen varias edificacións en estado totalmente ruinoso. Titulares do predio: Armesto y Lavandeira, S.L. B36977635 100 % do pleno dominio. Título: agrupación. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Cambados, tomo 1287, libro 410, folio 187, predio 39998, alta 1.

355.640,00 €

Hipoteca Banco Santander, segundo consta na Inscrición 2ª do predio rexistral 39998 por importe de 146.382,86 € segundo certificado expedido con data do 8 de marzo de 2012.

Embargo a favor de Escayolas Decovigo, S.L., anotación letra A (execución de títulos xudiciais 1519/2009, Xulgado de Primeira Instancia número 11 de Vigo) por importe de 2.642,71 €, segundo certificado expedido con data do 23 de marzo de 2012.

Embargo a favor de Tarimas Flotantes Arcevigo, S.L., anotación letra C (xuízo cambiario 977/2010, Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo) por importe de 20.868,65 € segundo certificado expedido con data do 11 de abril de 2012.

Embargo a favor de Morales y Fontanería y Calefacción, S.L., anotación letra D (execución de títulos xudiciais 11/2011, Xulgado de Primeira Instancia número 7 Vigo) por importe de 25.159,90 €, segundo certificado expedido con data do 11 de abril de 2012.

160.585,88 €

1.000,00 €

Debedor: Alquileres Celtacar, S.L. Unipers. CIF: B36918886.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

2

Vehículo matrícula: 2922FXV; marca: Chevrolet; modelo: Matiz; tipo: turismo; bastidor: KL1KF480J8C350906; data de matriculación: 29.11.2007.

3.150,00 €

Non constan

3.150,00 €

250,00 €

3

Vehículo matrícula: 8083FBT; marca: Dacia; modelo: Logan; tipo: turismo; bastidor: UU1LSDJKH35484614; data de matriculación: 20.6.2006.

2.100,00 €

Non constan

2.100,00 €

250,00 €

4

Vehículo matrícula: 1636FCR; marca: Opel; modelo: Vívaro; tipo: vehículo mixto adaptable; bastidor: W0LJ7ACA65V654792; data de matriculación: 10.7.2006.

5.100,00 €

Non constan

5.100,00 €

250,00 €

5

Vehículo matrícula: 9887DHD; marca: Citroën; modelo: Jumper 2.2; tipo: vehículo mixto adaptable; bastidor: VF7ZARMPA17563241; data de matriculación: 9.3.2005.

2.300,00 €

Non constan

2.300,00 €

250,00 €

Debedor: Pontevex, S.L. CIF: B36918886.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1 ª

Tramos

6

Vehículo matrícula: 7532FSY; marca: Jeep; modelo: Grand Cherokee; tipo: todo terreo; bastidor: 1J8HCE8M57Y553536; data de matriculación: 18.7.2007.

13.650,00 €

Non constan

13.650,00 €

250,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Vigo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e, de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podendo presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo dun mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Vigo, 11 de outubro de 2012

Javier Sánchez García
Recadador da zona de Vigo