Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Ferroatlántica, S.A. para a fábrica de ferroaliaxes localizada no concello de Dumbría (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-58).

O 12 de marzo de 2008 concedeuse a Ferroatlántica, S.A. a autorización ambiental integrada número 2006/0267_AIA/IPPC_060 para a fábrica de ferroaliaxes, localizada no concello de Dumbría (A Coruña). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

– Ferroatlántica. Documento técnico para renovación de autorización ambiental integrada. Fábrica de Dumbría. Rev. 1, xullo 2012.

– Ferroatlántica. Resumo non técnico para renovación de autorización ambiental integrada. Fábrica de Dumbría. Rev. 1, xullo 2012.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, no seu caso, formular en dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes, o antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Dumbría (estrada de Dumbría, s/n, 15151 Dumbría. A Coruña).

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental