Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2012, Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de acondicionamento de pavimentos na Biblioteca Nodal de Lugo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato:

Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: acondicionamento de pavimentos na Biblioteca Nodal de Lugo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1.3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación: 120.801,40 euros, IVE excluído. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 59.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de setembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2012.

c) Contratista: Lógica Equipamientos Integrales, S.L.

d) Importe de adxudicación: 109.083,62 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria