Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a declaración de deserta da contratación da subministración de enerxía eléctrica de alta e baixa tensión para os centros dependentes da Consellería, mediante un acordo marco cun único empresario, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente 2012.3.CTB.A).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 de Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 01 13. Fax: 981 54 01 18.

Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: subministración de enerxía eléctrica de alta e baixa tensión aos centros dependentes da Consellería, mediante un acordo marco cun único empresario.

3. Execución do contrato: dous anos.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver a cláusula 6 do PCAP.

6. Orzamento base de licitación: 4.286.969,01 euros, máis 900.263,49 euros (IVE). Total: 5.187.232,50 euros.

7. Valor estimado do contrato: 12.939.433,89 euros.

8. Declaración de deserta mediante resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar do 26 de setembro de 2012.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar