Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos correspondentes a diversos expedientes do ano 2012.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos que se relacionan a continuación:

Expediente 2012.09.FC.A.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de accións orientadas á mellora da empregabilidade e á promoción das profesionais galegas, potenciando o liderado feminino no ámbito profesional Programa Executiva.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 102, do mércores, 30 de maio de 2012.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento sesenta e catro mil euros (164.000,00 €), máis vinte e nove mil cincocentos vinte euros (29.520,00 €) en concepto de IVE, resultando un total de cento noventa e tres mil cincocentos vinte euros (193.520,00 €).

5. Adxudicación.

a) Data: 17 de agosto de 2012.

b) Contratista: KPMG Asesores, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento seis mil seiscentos euros (106.600,00 €), máis dezanove mil cento oitenta e oito euros (19.188,00 €), en concepto de IVE, resultando un total de cento vinte e cinco mil setecentos oitenta e oito euros (125.788,00 €).

6. Formalización: 27 de agosto de 2012.

Expediente 2012.21.FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www. contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de xestión, coordinación e desenvolvemento de accións formativas implementadas no programa Microsoft IT Academy, certificación da formación, realización dun estudo ocupacional específico e de situación e evolución de solucións formativas e certificacións e celebración dun seminario técnico dirixido a profesionais e empresarios en relación coa tecnoloxía Microsoft para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: cento sete mil corenta euros (107.040,00 €), exento de imposto sobre o valor engadido, segundo o artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de agosto de 2012.

b) Contratista: Projecte Universitat Empresa, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento sete mil corenta euros (107.040,00 €), exento de imposto sobre o valor engadido, segundo o artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

6. Formalización: 30 de agosto de 2012.

Expediente 2012.22.FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www. contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización da xestión, coordinación e impartición de cursos para a formación e certificación de profesionais Linux no programa LPI (Linux Professional Institute), a celebración dun seminario técnico e a realización dun estudo de situación, evolución e tendencias do programa educativo LPI do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia-Dirección Xeral de Formación e Colocación.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: corenta e seis mil euros (46.000,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Adxudicación.

a) Data: 26 de setembro de 2012.

b) Contratista: Projecte Universitat Empresa, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e cinco mil euros (45.000,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

6. Formalización: 28 de setembro de 2012.

Expediente 2012.23. FC.NS.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www. contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización da xestión, coordinación e desenvolvemento de accións formativas, certificación da formación, realización dun estudo ocupacional específico e de situación e de evolución de solucións formativas e certificacións e celebración de tres seminarios técnicos dirixidos a profesionais e empresarios en relación coa tecnoloxía Oracle.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: douscentos dezasete mil cento oitenta euros (217.180,00 €), exento de imposto sobre o valor engadido, segundo o artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de agosto de 2012.

b) Contratista: Oracle Ibérica, S.R.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos dezasete mil cento oitenta euros (217.180,00 €), exento do imposto sobre o valor engadido, segundo o artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

6. Formalización: 30 de agosto de 2012.

Expediente 2012.08. SX.A.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www. contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, polo que se establezan as condicións ás que deberá axustarse a subministración sucesiva, por prezos unitarios, de diverso material de oficina, imprenta e consumibles informáticos para a Consellería de Traballo e Benestar (Área de Traballo), polo procedemento aberto e tramitación ordinaria suxeito a regulación harmonizada. Lote 3: consumibles informáticos.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: lote 3: trescentos oitenta e nove mil douscentos vinte e dous euros con noventa e dous céntimos de euro (389.222,92), máis setenta mil sesenta euros con trece céntimos de euro (70.060,13 €) en concepto de (IVE), resultando un total de catrocentos cincuenta e nove mil douscentos oitenta e tres euros con cinco céntimos de euro (459.283,05 €).

5. Declaración de deserto: mediante resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar do 21 de agosto de 2012.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar