Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS, CS Porto do Molle P-20.2 ETO.
Situación: Nigrán.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 80 metros de lonxitude, con orixe e final no punto de acceso proxectado na LMT GON818 unha vez entre e saia do CS proxectado no edificio de oficinas-ETO. Centro de seccionamento en edificio prefabricado, situado na parcela P-20.2 do polígono industrial Porto do Molle, Nigrán.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 10 de outubro de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra