Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2012/252-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CS Porto do Molle P-20.1 CIE.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 10 m de lonxitude, con orixe e final no punto de acceso proxectado na LMT GON818 (á altura do CT Porto do Molle, nº 5) unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, en edificio prefabricado, situado no edificio de equipamento social CIE, na parcela P-20.1, do polígono industrial Porto do Molle, Nigrán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra