Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39964

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre licenza de apertura da actividade de estacionamento de vehículos sen carga.

Tendo solicitado Babé y Cía, S.L. representada por Cristina González-Babé Mateos, licenza de apertura para o exercicio da actividade de estacionamento de vehículos pesados sen carga, actividade que se situará na estrada Redondela-Peinador, 118-Bº Millarada-Vilar de Infesta-Redondela (Pontevedra), de conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último periódico oficial no que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 14 de setembro de 2012

Javier Bas Corugeira
Alcalde