Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39963

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de información pública sobre actividade de produción, primeira transformación e comercialización de perfís de aluminio no polígono da Picaraña.

Marina Magán Montenegro, actuando en representación de Quintaglass, S.L., solicitou nesta Alcaldía licenza municipal de actividade de produción, primeira transformación e comercialización de perfís de aluminio, que se exercerá en nave industrial sita no polígono da Picaraña. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Padrón, 21 de xuño de 2012

Antonio Fernández Angueira
Alcalde