Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO de información pública sobre granxa para cría de coellos en Cabeza de Boi (A Armenteira).

José Meis Piñeiro solicita licenza de granxa para cría de coellos no lugar de Cabeza de Boi, nº 26, da parroquia da Armenteira.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días, mediante anuncio no Diario Oficial Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos do Concello de Meis, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

Meis, 14 de setembro de 2012

José Luis Pérez Estévez
Alcalde