Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39965

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública LAP/230/2012.

Casty Romer, S.L. solicitou licenza de apertura para un taller de reparación de vehículos na Vía Pasteur 11, polígono industrial do Tambre, Santiago de Compostela (A Coruña). Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/230/2012 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2012

P.D. da Xunta de goberno local do 15.7.2011
María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo