Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39966

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Fexdega

ANUNCIO de concesión dunha superficie para a instalación e explotación de cinco pistas de pádel no recinto de Fexdega.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Fundación Feiras e Exposicións para o Desenvolvemento de Galicia (Fexdega).

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: concesión dunha superficie para a instalación e explotación dun mínimo de cinco (5) pistas de pádel no recinto de Fexdega.

Lugar de execución: A Maroma - Vilagarcía de Arousa.

Prazo de concesión (anos): 10 anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Tipo de licitación (canon mínimo).

Canon (sen IVE): 1.652,89 € ; IVE 21 %: 347,11 € ; total: 2.000,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 e seguintes do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. Anexo IX do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa, (praza Ravella, 1), comunicarase a data de realización aos licitadores e publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato será a cargo do adxudicatario, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego.

Vilagarcía de Arousa, 10 de outubro de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Presidente da Fundación Fexdega