Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO mediante o cal se dá publicidade ás bases do XXVI Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol 2012.

O Pleno da Corporación Municipal deste concello, na sesión que tivo lugar o día 28 de xuño de 2012, entre outros, aprobou as bases do XXVI Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol 2012.

Para consultar as ditas bases poderase acudir ao taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol e ás seguintes páxinas web: www.ferrol.es; www.pianoferrol.com; e-mail: concursopiano@ferrol.es e teléfonos de información: +34630393772; +34981944180 y fax: +34981945173.

Data límite da inscrición: 13 de novembro de 2012.

Ferrol, 9 de xullo de 2012

Manuel-Reyes García Hurtado
Concelleiro delegado de Cultura e Educación