Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Manuel Trigo García.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 30/2012 (procedemento ordinario), interposto por Manuel Trigo García contra a Resolución do 12 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos/as definitivamente seleccionados/as (DOG do 25 de novembro de 2010). (Categoría: electricista).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos