Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39960

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre taller industrial de artes gráficas (expediente 235/12).

Color Cursiva, S.L.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de taller industrial de artes gráficas na Rúa do Comercio, parcela 156-157.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 5 de setembro de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo