Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 135/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS Cero Porta Caranza-CR Palomas.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) CR Porta Caranza-CR Palomas, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,149 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240) mm2 Al, coa orixe en cela de liña existente en CR Porta Caranza (expediente 29.336), e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-713, tramo a CR Palomas (expediente IN407A 2000/159), sendo o tramo 1-2 de 911 m de lonxitude baixo canalización existente (expediente IN407A 2012/64) e o tramo 6-8 de 125 m de lonxitude baixo canalización existente (expediente IN407A 2000/159).

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) CR Porta Caranza-San Amaro, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,021 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240) mm2 Al, coa orixe en cela de liña existente en CR Porta Caranza (expediente 29.336), e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-713, tramo a CR San Amaro (expediente IN407A 30.326), sendo o tramo 1-2 de 911 m de lonxitude baixo canalización existente (expediente IN407A 2012/64).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña