Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 456/2007).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I do proxecto LMTS, CTC sector 4 de Vío.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Modificación das liñas eléctrica de media tensión subterráneas a 15/20 kV proxectadas, de alimentación ao polígono industrial de Vío, con condutor tipo RHZ1-2OL 3(1×240) mm2 Al, coa orixe no seccionamento de Pocomaco (expediente 30.503) e final no CT nº 14 proxectado (CR), pasando a ter unha lonxitude total de 15.074 km; dos cales 1,534 km corresponden a liña provisional; 3,049 km a liña 0; 5,517 km a liña 1; e 4,974 km a liña 2.

Cambio de situación dos centros de transformación (CT) nº 1, 3, 14 proxectados, desprazándose respecto a localización orixinal 12, 14 e 90 m respectivamente, mantendo o mesmo tipo de CT.

Alimentación ao polígono industrial Vío como consecuencia das obras da terceira Rolda, mediante unha liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude total de 1,534 km, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, coa orixe no seccionamento Pocomaco (expediente 30.503) e baixo canalización existente (expediente IN407A 2006/080) nun tramo de 490 m, e final no empalme que se vai realizar coa liña cero no punto 1, no cal se realiza tamén un empalme entre a liña 1 e a liña 2 de alimentación o polígono Vío.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña