De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia, a David Souto Álvarez e Mª Encarnación Parcero Cancela, nos expedientes núms. IU1/37/2011-R4 e IU1/37/2011-R5, en relación aos recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 4 de xullo do 2012, do subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, DOG nº 59, do 27 de marzo), en relación coas obras consistentes en edificación de tres vivendas no lugar de Faxón, O Seixal da parroquia de Bembibre, no termo municipal de Val do Dubra, provincia da Coruña.
Os expedientes mencionados encóntranse á disposición dos interesados nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados dispoñerán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel no que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que estimen procedentes.
Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística