Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de outubro de 2012 de emprazamento para o trámite de audiencia, no expediente número IU1/37/2011-R3, devolta polo servizo de Correos por resulta descoñecido o domicilio dos destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia, a David Souto Álvarez e Mª Encarnación Parcero Cancela, no expediente número IU1/37/2011-R3 en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 4 de xullo de 2012, do subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo) en relación coas obras consistentes en edificación de tres vivendas no lugar de Faxón, O Seixal da parroquia de Bembibre, no termo municipal de Val do Dubra, provincia da Coruña.

O expediente mencionado encóntrase á disposición dos interesados nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñerán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel no que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que estimen procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo;
DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística