De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados no primeiro expediente pola instrutora e nos dous últimos polo xefe territorial.
As comparecencias deberanse efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos-3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 2 de outubro de 2012
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: INC-CO-0166-2012 IPR.
Denunciado: Juan López Noya.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: INC-CO-0205-2012 BIO.
Denunciada: Icaria Hoteles, S.A.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: INC-CO-0209-2012 BIO.
Denunciada: Esther Gómez Rodríguez.
Acto de notificación: acordo de inicio.