Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39671

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de contratación de limpeza de instalacións deportivas municipais (expediente L-5/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. B) Número de expediente: L-5/2012.

2. Obxecto do contrato: limpeza das instalacións deportivas municipais.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 417.221,84 € anuais, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: a) web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: U 1 C.

8. Presentación de proposicións: a) Fin de prazo: o día 29 de outubro de 2012, ata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura das proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/o perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de setembro de 2012

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde de Contratación