Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 20 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de requirimento para facerse cargo do ben incautado do expediente sancionador PESAN1 2010/000322-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona, o requirimento para facerse cargo do ben incautado do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, de 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5º andar.

Nº de expediente: PESAN1 2010/000322-1.

Denunciado: Marcos Antonio Suárez Martínez.

DNI: 79317703-H.

Enderezo: avda. das Mariñas, 328, 4º D, Perillo, Oleiros.

A Coruña, 20 de setembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña