Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública relativo a un aparcadoiro.

Na Sección de Licenzas de Urbanismo da Coruña estase a tramitar o expediente 544/949/2012 de concesión de licenza de apertura para a seguinte:

Actividade: aparcadoiro.

Situación: rúa Alcalde Jaime Hervada, 44.

Solicitante: Atri Aparcamientos, S.L.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo