Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39675

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, da subministración e colocación de catro instalacións minieólicas en estacións depuradoras de augas residuais de pequenos núcleos de poboación rural, dentro do marco do proxecto Retaler II integrado no Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 e cofinanciado nun 75 % con fondos Feder da Unión Europea.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración e instalación de catro instalacións minieólicas en estacións depuradoras de augas residuais de pequenos núcleos de poboación rural, dentro do marco do proxecto Retaler II (Rede transfronteriza de autoridades locais en enerxías renovables II) integrado no Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP) e cofinanciado nun 75 % con fondos Feder da Unión Europea, cun tipo de licitación de 170.000,00 (IVE e demais impostos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono (988 38 52 02) e fax (988 38 51 84) ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 26 de setembro de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense