Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39676

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de contratación administrativa especial, por procedemento aberto, para a prestación do servizo denominado Centro Ecuestre da Deputación de Ourense.

No perfil do contratante da Deputación Provincial de Ourense, na páxina web
www.depourense.es, publícanse íntegros os pregos de condicións para proceder á contratación administrativa especial da prestación do servizo denominado centro ecuestre da Deputación de Ourense. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo día (20º) natural seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XI do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono (988 38 52 02) e fax (988 38 51 84) ou na páxina web da deputación
www.depourense.es

Ourense, 1 de outubro de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense