Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39677

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta unidade no segundo cuadrimestre de 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2012

Pablo Galego Feal
Director da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data de sinatura

Convenio marco entre a Fegas e a Fundación Grünenthal para o desenvolvemento de actividades nos ámbitos da formación científica e sanitaria, dirixidas á mellora do tratamento da dor.

Sen achega económica

18.5.2012

Anexo nº 1 ao Convenio marco entre a Fegas e a Fundación Grünenthal para o desenvolvemento de actividades nos ámbitos da formación científica e sanitaria, dirixidas á mellora do tratamento da dor, asinado o 18 de maio de 2012.

10.000 €

27.6.2012

Convenio de colaboracion empresarial entre a Fegas e Astellas Pharma, S.A. para a colaboración na organización do Programa de dirección sanitaria, dentro do ámbito da Escola de Directivos Sanitarios de Galicia.

7.500 €

23.7.2012

Convenio de colaboracion empresarial entre a Fegas e Sanofi-Aventis, S.A. para a organización do Curso de xestión do contorno asistencial, pertencente ao Programa de dirección sanitaria, dentro do ámbito da Escola de Directivos Sanitarios de Galicia.

6.000 €

23.7.2012

Convenio de colaboracion empresarial entre a Fegas e Laboratorios Farmacéuticos ROVI, S.A. para a organización de actividades formativas de simulación médica avanzada.

1.200 €

23.7.2012

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral entre a Fegas e Janssen-Cilag.

10.500 €

28.8.2012