Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39674

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, da subministración dun camión recolector de residos sólidos urbanos.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración dun camión recolector de residuos sólidos urbanos con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 137.000,00 (IVE e demais impostos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono
(988 38 52 02) e fax (988 38 51 84) ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 19 de setembro de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense