Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2012/235-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Polígono Industrial Chan da Ponte. Parcela 19. 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMTA, CT e RBT Cabreira, A Rañada.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 625 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 1 (existente) da LMT Grixó-3 e final no CT proxectado. Centro de transformación sobre apoio C-4500/22 de 100 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado na Rañada, Cabreira, Salvaterra de Miño. Rede de BT de 70 metros con condutor RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra