Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2012/230-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte-parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: cambio de situación e ampliación de potencia do CT Moreira.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 50 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio 69 da LMT Salvaterra-Ponteareas, unha vez que entre e saia do CT proyectado Moreira na súa nova situación. Centro de transformación (en caseta prefabricada) de 250 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado no lugar de S. Martiño, parroquia de Moreira, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra